Xoves 4 de Xuño

Bos días familia!!!

Matemáticas
Continuamos coas unidades medida de lonxitudes: Hoxe traballamos o metro (1m), lembra que un metro (1m) ten 100 centímetros (100cm). Colle unha cinta métrica e usa ambas unidades (m y cm) para indicar diferentes medidas:

  • Mide a túa estatura:
  • Lonxitude de cada parede da túa habitación:
  • Lonxitude da mesa na que fas as propostas:
  • Canto mide unha das paredes da vosa casa:
  • Canto mide o teu coche:
X certo, destas fotos pasaron xa 1 ano e dous meses! Canto medráchedes?  



Ciencias Naturais
Hoxe repasaremos a alimentación das plantas:


Para iso realizaremos un experimento: colorante alimenticio e unhas flores (brancas a poder ser) ou apio. Colocar as flores ou apio cortado (en diagonal mellor que perpendicular) en varios vasos con auga e o colorante alimenticio (vermello e azul preferiblemente). Comprobar que ocorre no transcurso dos días. 

Vos deixo un titorial de como realizar o experimento:
https://www.youtube.com/watch?v=0I7BNHLJb4Y
 
Unha vez observado, Que crees que ocorreu?

Comentarios