Seguimos co noso traballo no horto, e coma sempre coa axuda de Alfredo.
O primeiro día probamos os altramuces (ou chícharos de raposo) e transplantamos varias plantas aos nosos bancais. Tamén vimos e tocamos as flores do algodón coas sementes dentro.
O segundo día probamos os ravos do noso horto, con e sen pel para apreciar a diferenza de sabor. Tamén sementamos tomates cherrys coas sementes que extraímos das tomateiras que o curso anterior Alfredo nos regalara .
Se queres ver todas as fotos clica AQUÍ.
Comentarios
Publicar un comentario