24/3/2020 Uns retos

Bos días! 
Moitas grazas a todxs xs que participastedes onte no ENIGMA.
Todxs atopáchedes a resposta correcta!👏👏👏  O home era o fareiro.
Pero norabóa desta volta a Lucas que foi o primeiro en mandar a solución.

Algúns retos para estes días:
(Tamén tedes unha nova proposta de música no blogue: GALEOKE en familia)

1. ENIGMA de hoxe. 
Mañá as 12h publicamos a resposta correcta e quen mandou a resposta correcta primeirx.





2. Botar unha partida de cartas en familia, ou entre irmáns,... ao xogo:
BUSCO 15: (semellante á escoba, elxs xogaron moitas veces, supoño que se lembrarán)
  • Repártense 3 cartas a cada xogadxr e catro no centro da mesa. As demais quedan no mazo de sobrantes.
  • Por quendas (sentido horario, por exemplo) trátase de coller unha baza sumando 15 usando unha carta da man e as que queiras da mesa. 
  • Se non podes facer 15 deixas unha carta na mesa.
  • Colles unha do mazo de sobrantes, para ter sempre 3 cartas na man.
  • Así ata rematar do mazo das sobrantes e logo gástanse as cartas da man.
  • Gañará o xogadxr con máis cartas recollidas facendo BUSCO 15.
Na aula xogamos con cartas que teñen 8s, 9s, e10s pero podedes xogar igualmente coas cartas normais tendo sota, cabalo e rei o valor que indica. Así traballamos o cálculo!

3. Crear a túa
TÁBOA DE PITÁGORAS
Nun papel facer unha cadro de 11x11 no que se completen cos resultados das as táboas do 1 ao 10.
Algo así:
Por certo, molaría que estivera decorado! Se queres podes mandalo e o colgamos no blogue.

4. Van unhas  
DIVISIÓNS  
Adiviña primeiro como serían estes repartos. Despois podes comprobalos usando cartas, fabas, canicas, pedriñas... e por último escribe a conta e a resposta nun papel. E se queres mándao
  • Hoxe papá preparou 22 croquetas para comer. Na nosa casa somos 4 e todxs queremos comer a mesma cantidade de croquetas. Cantas lles repartirei a cada un/unha?
  • Nun xogo de 24 cartas temos que repartir todas as cartas de maneira que teñamos todxs a mesma cantidade. Xogamos 3. Cantas lle corresponden a cada un/unha? 
  • Temos na casa un paquete de chuches que trae 17 e as repartimos entre 5. Cantas lle toca a cada un/unha para que todxs comamos a mesma cantidade?
5. Van uns   
REPARTOS
Escribe a división correspondente a cada reparto:








Comentarios