Traballamos o reparto! (Divisións)


Nestes días estamos a traballar os repartos como mecanismo para a comprensión da división, unha operación matemática complexa:

1º Preparamos o noso reparto coa operación a resolver:
  • Total de cartas a repartir (DIVIDENDO) 
  • Número de "persoas" a repartir (DIVISOR) 


2º Comezamos reparto!


3º Unha vez finalizado verbalizamos o reparto e trasladamos os resultados obtidos á división:

         "Se repartimos 13 cartas (DIVIDENDO) a 5 persoas (DIVISOR), a cada unha delas repartímoslle 2 cartas (COCIENTE) e sobrannos 3 cartas (RESTO) para que todos teñan a mesma cantidade"
 

Comentarios