Información ás familias!

Bos días familias!

Primeiro de todo dicir que seguimos pendientes de instruccións precisas por parte da nosa consellería respeto do traballo a realizar nestes días. No comunicado do día 15 de Abril se recolle:
"o acordo xeral de Galicia coa filosofía do documento remitido polo Ministerio canto ao desenvolvemento do terceiro trimestre, segundo o cal os centros educativos deberán aproveitalo para recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado. Tamén se recomenda o deseño de actividades globalizadoras e interdisciplicares, debidamente titorizadas, e a promoción do traballo colaborativo." polo que se descarta introducir novos contidos curriculares a desenvolver nesta 3ªavaliación.

Para este tempo retomaremos o horario escolar do colexio sen que iso supoña un incremento sustancial no tempo e número de tarefas a realizar polo alumnado, dada a situación que se está a vivir en moitos fogares.
Mandaremos unha serie de propostas de cada materia das que habería cun normal funcionamento no horario docente do colexio. Colgaranse semanalmente posto que así o preferides mayoritariamente.


Unhas consideracións a ter en conta:
1. Establecer o horario no que realizar tarefas do cole. Preferiblemente de mañá.
2. O lugar debe ser relaxado-tranquilo e ben iluminado que permita centrar a súa atención.
3. Traballar por pequenos períodos de ata 30 minutos con descansos intermedios con movemento. 
4. É importante que antes de comezar unha tarefa estea relaxado/a e receptivo/a. Se sentes que algunha destas condicións non se dan, non é bo momento para traballar. O noso cerebro necesita isto para aprender!!
5. Asegurate e de que comprende as tarefas facendo preguntas ou pedíndolle que che diga coas súas palabras o que entendeu.
6. Non é preciso que vos sentedes xunto a eles. Os nenos/as deben afacerse a traballar de forma autónoma e avisar cando teñen dúbidas ou terminaron.
7. Non uses a tarefa do cole como unha ameaza ou lles digas que algo malo vai pasar se non o fan. Lembra, o neno/a para aprende ten que estar feliz e contento.

Por outra banda pedirvos desculpas se no deseño, elaboración e adecuación de propostas e materiais atopades ou cometemos erros porque tamén nós estamos a traballar con poucos recursos e coa presión de ofrecerlles aos nenos e nenas a mellor atención posible. Cada quen podemos ter ideas moi diferentes e respetables sobre a educación pero neste intre, nestas circunstancias e nestas condicións é complexo levalo a cabo.

Por último un breve artigo moi recomendable dunha entrevista a Tonucci (Psicopedagogo):
https://elpais.com/sociedad/2020-04-11/francesco-tonucci-no-perdamos-este-tiempo-precioso-dando-deberes.html

Comentarios