Bos días familias!!
Unhas propostas de:
Matemáticas
Para comezar, como sempre, un Enigma:
Hoxe temos uns problemas:
C. Sociais:
Hoxe temos unha proposta para repasar os puntos cardinais. Primeiro repasamos e completamos esta pequena tarefa:
Agora vos propoño construir o voso catavento e colocar nel os puntos cardinais segundo o lugar da casa/xardín no que o coloquedes. Escollín este vídeo porque creo que estes materiais os podedes ter na casa. Se vos falta algún elemento adaptade ou sustituideos. (No minuto 4:27 explica como colocar os puntos cardinais pero non é preciso usar o compás, escuadra e cartabón, pódese facer a ollo) Animádevos!
https://www.youtube.com/watch?v=bhV_U7aScUE
Mandade fotiños que as subimos ao blogue!
Música:
No apartado de música deste blogue tedes varias actividades online de música para esta semana:
Unhas propostas de:
Matemáticas
Para comezar, como sempre, un Enigma:
Hoxe temos uns problemas:
- Escribe cunha conta matemática cantos ovos hai en 3 caixas coma esta:
- Escribe cunha conta matemática cantas botellas hai en 5 caixas coma esta:
- Escribe cunha conta matemática cantas botellas hai en 7 caixas como esta:
- Escribe cunha conta matemática cantos ovos hai en 6 caixas como esta, pero cheas:
C. Sociais:
Hoxe temos unha proposta para repasar os puntos cardinais. Primeiro repasamos e completamos esta pequena tarefa:
Agora vos propoño construir o voso catavento e colocar nel os puntos cardinais segundo o lugar da casa/xardín no que o coloquedes. Escollín este vídeo porque creo que estes materiais os podedes ter na casa. Se vos falta algún elemento adaptade ou sustituideos. (No minuto 4:27 explica como colocar os puntos cardinais pero non é preciso usar o compás, escuadra e cartabón, pódese facer a ollo) Animádevos!
https://www.youtube.com/watch?v=bhV_U7aScUE
Mandade fotiños que as subimos ao blogue!
Música:
No apartado de música deste blogue tedes varias actividades online de música para esta semana:
- Soniline: xogo de discriminación auditiva de movementos pancromáticos varios e a súa asociación gráfica! (So para ordenadores e precisa ter activado e permitir flash player).
- Incredibox: xogo de creación e composición musical a partir de loops de música vocal.
- Song maker: xogo de creación e composición musical con notación non convencional.
Comentarios
Publicar un comentario