Venres 17 de Abril

Bos días familias!

Lembrade mandar os vosos videos (xs que aínda non o enviáchedes) para a proposta de música de creación do videoclip. O prazo para recepción de videos remata á noite do Domingo 19. Aproveitade esta fin de semana. Familias podedes participar! Animádevos!

https://sechovequechovaencaldelas.blogspot.com/2020/04/musica-semana-do-13-ao-19-de-abril.html

Matemáticas:
Hoxe temos un par de propostas:
A primeira é unhas contas de repaso (moito ollo coas restas👀):


E un ENIGMA matemático! Canto é o valor de todas as froitas?


C. Sociais:
Escribe nun papel os tres primeiros sitios aos que te gustaría ir cando poidamos sair das nosas casas, e contesta as preguntas sobre cada un deses lugares:
  • Onde está ese lugar? 
  • Está moi lonxe da túa casa? 
  • Por qué te gustaría ir? 
  • Con quen te gustaría ir?

Comentarios