Xoves 16 de Abril

Bos días familias!!

Agardando instruccións por parte da Consellería  de Educación, voltamos coas propostas de traballo de cara o 3º Trimestre.

Hoxe unha proposta de ciencias sociais moi interesante.
Trátase dun crear un cubo que permite visualizar realidade aumentada a través dunha aplicación para android ou ios (tablet ou mobil).
O cubo orixinal chámase Mergue cube, que se pode atopar a venta en diferentes tendas.


 Como nos non podemos sair, podémolo facer na nosa casa con papel e con esta plantilla:


 Unha vez montado o cubo descargar nun mobil ou tablet a aplicacíon: Merge Explorer
 A aplicación é gratuita por tempo limitado, pero algunha outra non! Supervisádeos.



A aplicación trae diferentes opcións de realidade virtual - aumentada para visualizar: "Explorador galactico", "Don cuerpo", La vida de una rana", "Agua y clima" y "Transformación de la Tierra".  Eles poderán interactuar co movil - tablet pulsando na pantalla e aporta datos e novas visualizacións moi interesantes.

 Aquí vos mostro unha captura do meu.

Agora un captura co ordenador da pantalla do mobil.


Outra posibilidade é probar as diferentes tarefas da Unidade 1 de Ciencias Sociais na propia pestana deste Blogue:
 

Por último podedes imprimir e completar/copiar e completar estas actividades de reforzo - ampliación do libro de texto:



Comentarios