Bos días familias!
Matemáticas
Coma sempre comezamos cun Enigma!
Hoxe imos repasar as táboas de multiplicar e para iso completaremos a nosa táboa de Pitágoras. Lembra cronometrar canto tempo tardas en completala!
Ciencias sociais
A proposta é construir un compás que sempre nos sinalará o norte ou sur magnético terrestre. Xunto ao noso catavento podemos ir creando a nosa estación metereolóxica caseira!
Para poder construir o noso compás será preciso unha agulla, un corcho, un imán e un recipiente pequeno de vidro transparente con auga.
* O primeiro que debemos facer será cortar unha pequena rebanada de corcho.
* Posteriormente atravesamos o círculo de corcho coa agulla de un canto a outro.
* Pasar a agulla polo imán sempre na mesma dirección.
*Por último pousamos a agulla no recipiente con auga.
(Atención: se pasamos a agulla sobre o polo norte do imán, a agulla quedará imantada sinalando ao sur magnético terrestre, se pasamos a agulla polo polo sur do imán ésta indicará o norte magnético terrestre).
Poderedes escribir no círculo de corcho os puntos cardinais para así saber a onde indica o noso compás ou imprimir esta "rosa dos ventos" para colocar por debaixo do recipiente (se é de vidro transparente)
Vos deixo tamén un pequeno tirorial no que poderedes seguir todos os pasos:
https://www.youtube.com/watch?v=lWEK7QLhJRQ
Mandade fotiños dos vosos compases e as subimos ao blogue!!
Matemáticas
Coma sempre comezamos cun Enigma!
Hoxe imos repasar as táboas de multiplicar e para iso completaremos a nosa táboa de Pitágoras. Lembra cronometrar canto tempo tardas en completala!
Mellorastes o tempo da outra vez? Se te atrancas nalgunha táboa en concreto tenta repasala para mellorar o tempo!💪
Ciencias sociais
A proposta é construir un compás que sempre nos sinalará o norte ou sur magnético terrestre. Xunto ao noso catavento podemos ir creando a nosa estación metereolóxica caseira!
Para poder construir o noso compás será preciso unha agulla, un corcho, un imán e un recipiente pequeno de vidro transparente con auga.
* Posteriormente atravesamos o círculo de corcho coa agulla de un canto a outro.
* Pasar a agulla polo imán sempre na mesma dirección.
*Por último pousamos a agulla no recipiente con auga.
(Atención: se pasamos a agulla sobre o polo norte do imán, a agulla quedará imantada sinalando ao sur magnético terrestre, se pasamos a agulla polo polo sur do imán ésta indicará o norte magnético terrestre).
Poderedes escribir no círculo de corcho os puntos cardinais para así saber a onde indica o noso compás ou imprimir esta "rosa dos ventos" para colocar por debaixo do recipiente (se é de vidro transparente)
Vos deixo tamén un pequeno tirorial no que poderedes seguir todos os pasos:
https://www.youtube.com/watch?v=lWEK7QLhJRQ
Mandade fotiños dos vosos compases e as subimos ao blogue!!
Comentarios
Publicar un comentario