Mércores 13 de Maio

Bos días familias!

Ciencias Sociais
Hoxe tentaremos construir un pluviómetro na casa que incorporaremos a nosa estación metereolóxica.


Necesitaremos: Unha botella de auga de plástico ou recipiente de plástico (tentade reutilizar), tesoiras ou cuter, unha xeringa medidora (as traen os medicamentos infantís) ou vaso medidor, pedras e rotuladores!

Pasos:
1º Cortar a botella ou recipiente plástico aproximadamente a 2/3 do distancia total da base.

2º Colocar no fondo do recipiente ou botella unhas pedras para evitar que saia voando!

3º Encaixa boca a baixo a parte superior da botella (con forma de embude) na parte da base.

4º Enche a botella de auga ata que cubra as pedriñas, e marca co rotulador unha liña por onde está a auga na botella. Ese será o "0 choiva" .

5º Crearemos a escala de medición na botella: engade 20ml de auga coa axuda da xeringa medidora ou vaso medidor, marca co rotulador unha liña por onde está a auga na botella e escribe "Choveu 20ml".

6º Engade novamente 20ml de auga coa axuda da xeringa medidora ou vaso medidor, marca co rotulador unha liña por onde está a auga na botella e escribe "Choveu 40ml"

7º Repetir este paso ata conseguir a liña "Choveu 100ml!.

8º Valeirar o pluviómetro ata quedar a "O Choiva".

Cada día revisaremos o noso pluviómetro e comprobaremos canta chuvia caeu durante o día.
Unha vez feitas as anotacións realizar o paso 8.

Comentarios