Música do 11 ao 17 de Maio

Bos días familias!


A proposta para esta semana é facer outro video clip a nivel centro para conmemorar o Día das Letras Galegas que se celebra o 17 de Maio.



Nesta ocasión o alumnado mandará dous vídeos: un facendo a súa parte da canción e outro co retrouso (ou estribillo).
Serán facendo playback ou tamén gravarnos coa música de fondo facendo coreografías, bailes, disfrazarnos, tocar un instrumento, algunha loucuriña, na casa, na finca, nun paseo polo monte... botádelle imaxinación... Familias animádevos que tamén podedes participar!!!!


Importante!!!
Grabar co mobil en HORIZONTAL!!!

Podedes envialos vídeos a  cepcaldelas@gmail.com  e o prazo rematará o sábado 16.


Ao choio! Canción:
Verdescente - Uxía Lambona e a Banda Molona
Podedes atopala aquí: https://www.youtube.com/watch?v=3LENjTMH7Ac


Posto que a alguén lle deu problemas enviar vídeos por mail debido ao tamaño (20 MB).
Vos deixo unha alternativa accesible a tod@s para compartir os vídeos. (Require unha conta de gmail, que maioritariamente a temos se usamos whatsapp)

Primeiro paso GARDAR VIDEO en DRIVE.


Segundo paso COMPARTIR O VÍDEO en DRIVE ( á conta cepcaldelas@gmail.com )


Serán válidas outras opcións para enviar o video tipo Wetranfer se xa a usáchedes!

Comentarios