Música do 25 ao 29 de Maio!!

Bos días familias!!
Nesta semana a proposta de música  é crear un instrumento musical aproveitando materiais de refugallo. Con todas as fotos ou vídeos que enviedes (cepcaldelas@gmail.com) montaremos unha exposición: "Lixo musical".


Hai moitísimos titoriais e recursos na web. Chega con poñer no buscador de internet: "instrumentos musicales diy", "instrumentos caseros" ou "instrumentos reciclados" e aparecerán infinidade de titoriais e imaxes inspiradoras. Escollede aquelas que se adapten as dispoñibilidades individuais en cada casa.

Por último vos deixo este link a un vídeo moi interesante que nos pode facer reflexionar:

 
Orquesta de Instrumentos Reciclados de Cateura - Paraguay - "Landfill Harmonic" (teaser)

Comentarios