Música do 4 ao 8 de Maio

Bos días familias!

Nesta entrada atopaderes as propostas de música para as diferentes idades nesta semana.
"Xogo de vasos

Esta actividade está pensada para facer en parella como mínimo, un xogo que podedes facer coa familia. Trátase de un xogo de percusión no que precisaremos un vaso ou bote pequeno (de plástico, papel, cartón,... )
Se xogamos por parellas colocarse un diante do outro, se son máis é preciso establecer hacia qué lado se moven os vasos. Trátase de facer o ritmo (que tedes pouco máis abaixo) e rematar co cambio de vaso cos outros participantes no sentido preestablecido, e voltaremos comezar o ritmo procurando seguir sempre un pulso. Cando xa esté dominado podedes probar con música de fondo.

Hai tres propostas orientativas ás diferentes idades, que poderedes variar se resultan asequibles ou dificiles:
Para 1º e 2º tentaremos o ritmo básico:


Para 3º e 4º Tentaremos un ritmo intermedio:


Para 5º e 6º O ritmo completo:


Se queredes podedes usar esta canción na que se usan vasos como instrumentos. Clica no título e xa redirecciona a youtube.

Comentarios