Venres 8 de Maio

Bos días familia!

Matemáticas
Comezamos cun enigma!


Hoxe imos traballar as figuras planas. Imos montar unha miniexposición de polígonos. Para construir os polígonos podemos empregar palillos, espaguettis, pallas, brochetas,... e para as unións plastilina, bolas de ban, barro, arxila, pasta de sal...

 Vos deixo uns titorias por se vos animades a facer plastilina (1) ou pasta de sal(2) caseira.
1 - https://www.trucosdefamilia.com/como-hacer-plastilina-casera-en-cinco-minutos-y-sin-coccion/
2 - https://www.pequeocio.com/hacer-masa-de-sal-casera/

Fai unha etiqueta para cada un dos polígonos co reu nome correspondente

Construiremos 3 Triángulos:
- 1 cos tres lados de igual tamaño ou Equilátero 
- 1 cos tres lados diferentes ou Escaleno
- 1 con só dous lados de igual tamaño ou Isósceles 

Tamén 2 Cuadriláteros: (4 lados)
- 1 cos catro lados de igual tamaño.
- 1 cos catro lados de diferente tamaño.

Tamén 2 Pentágonos: (5 lados)
- 1 cos cinco lados de igual tamaño.
- 1 cos cinco lados de diferente tamaño.

Tamén 2 Hexágonos: (6 lados)
- 1 cos catro lados de igual tamaño.
- 1 cos catro lados de diferente tamaño.

Unha vez realizadas todas as figuras responde:
* Cantas unións ou vértices ten cada triángulo?
* Cantas unións ou vértices ten cada cuadrilátero?
* E os pentágonos?
* E os hexágonos?

As fotos das vosas "miniexpos" podedes envialas e as publicamos aquí! Animádevos

Miniexposicións Polígonos

(Martín Vilar.)


 (Hugo)

 (Lucas)


(Elisa)

(Gabriel)

(Karen)

(Martín Gándara)

Ciencias Sociais
Neste debuxo está representado o ciclo da auga pero non están colocados as diferentes fases ou procesos que ocorren dentro del. Completa cada recadro coa palabra axeitada:


Indica en cada oración a que fase ou proceso dos anteriores se refire:







Comentarios